#Claves de la semana

Galicia contará con tres novos xulgados e dúas prazas de maxistrado no 2017

Acordáron a Xunta e o TSXG, por mor da "carga de traballo" existente. A proposta é que se poña en marcha no primeiro trimestre.


|

Juzgado 1


A Comisión Mixta de Xustiza, á que asistiron o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, acordou, por unanimidade, a creación de tres novos xulgados e dúas prazas de maxistrado en Galicia.


Esta é a proposta que se elevará ao Ministerio de Xustiza, despois de que, segundo explicou Alfonso Rueda, desde o mesmo se dese a Galicia "a oportunidade" de crear novos órganos xudiciais.


En concreto, acordouse propoñer a creación dun xulgado de primeira instancia en Ourense, outro do Social na Coruña e un xulgado de Familia en Vigo. A iso sumarase un praza de maxistrado na Sala do Civil e Penal do TSXG, así como outra na sección Penal da Audiencia Provincial da Coruña.


En declaracións aos xornalistas, Cadenas precisou que a proposta de creación destas novas unidades xudiciais corresponde a este ano e que as do 2017 "terán un tratamento distinto". Sobre esta cuestión, Rueda avanzou que se por parte do Ministerio de Xustiza se "volve ofrecer crear novos órganos xudiciais, volverá dicir que si".


En canto á praza de maxistrado da Sala do Civil e Penal do TSXG, Cadenas aclarou que "vén xustificada pola asunción da nova competencia" por parte da mesma, ao incorporarse a posibilidade de abordar recursos de apelación das audiencias provinciais en materia penal. "E que antes tiña recurso de casación", apostilou.


CARGA DE TRABALLO


Sobre o resto da proposta, engadiu que responde a "criterios obxectivos de carga de traballo". En canto ás demandas para 2017, sinalou que as propostas se farán en base á necesidade de "afrontar cargas de traballo". "Que non en todos os lugares son estruturais, ás veces son conxunturais", precisou o presidente do alto tribunal galego.


Mentres, o vicepresidente da Xunta subliñou o feito de que "desde o ano 2011" non se creasen "novos órganos xudiciais", aínda que si prazas de maxistrado. Por outra banda, apuntou que a intención é que a proposta exposta na comisión se poña en marcha "antes de que termine" o primeiro trimestre do ano que vén.


Así mesmo, destacou que estes novos órganos xudiciais "non van ter problemas de espazo", apuntou en alusión ao Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha pola Xunta.


TRASLADO Á FÁBRICA DE TABACOS


En paralelo, sobre as obras na Fábrica de Tabacos da Coruña para a localización de dependencias xudiciais, lembrou que se deu á empresa construtora unha prórroga ata o 31 de decembro. Da execución, dixo que "avanza decididamente" e que se mantén a previsión de que "no primeiro trimestre do ano que vén se poida facer o traslado".


En caso de existir atrasos nas obras, asegurou que se penalizaría á empresa, pero mostrouse convencido de que se poderán cumprir os prazos. "Se houbese máis días de exceso da prórroga, non serían demasiados", engadiu.

relacionada O arquitecto Penela converterá a torre do Xeral nos novos xulgados de Vigo
relacionada Cita decisiva para a 'Cidade da Xustiza' de Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE