​Sogama, entre as primeiras "fábricas do cambio climático" de Galicia

|

Emisionescontaminacionincineracion


Sogama aumentou case un 50% as emisións de gases de efecto invernadoiro entre 2009 e 2015, malia ter diminuído a cantidade de residuos que trata. Así o denuncia Adega, en base á memoria da empresa publicada recentemente "por imperativo legal", tal e como recorda a asociación ecoloxista.


Do informe despréndese que "ao compararmos o ano 2015 co 2009 e tendo en conta as emisións de GEIs por tonelada 'tratada', estas aumentaron para o conxunto dos residuos un 47,7% en 2015, malia a que en 2009 tratáronse unhas 85.000 toneladas máis", analizou Adega.


Con estas cifras, Adega cuestiona "como é posíbel que vertendo e queimando menos residuos, Sogama estea a ser máis intensiva na emisión de gases de efeito invernadoiro?". Ademáis, cualifica a empresa pública como unha das primeiras "fábricas de cambio climático" de Galicia.


UNHA MALA INCINERACIÓN É IGUAL CA UN VERQUIDO


Ademais, sinala que, en base á memoria, SOGAMA recoñece que tampouco cumpriu o índice de eficiencia da incineración, que a normativa establece nun mínimo de 0,6 para que o proceso poida ser considerado unha valorización enerxética, polo que "o proceso non sería moi distinto a cando o lixo se queimaba nos vertedoiros" .


Ao tempo, ciritcan que "o modelo do que presume a conselleira é terceiro-mundista en cifras de reciclaxe, intensivo na emisión de gases de efecto invernadoiro e fortemente ineficiente (ademais de caro e lesivo para os intereses públicos)".

relacionada Adega acusa a Sogama de ter índices de reciclaxe "propios do franquismo"
relacionada ​El TC avala la subida del canon de Sogama
relacionada ​Sogama promociona a compostaxe nos fogares

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress