#Claves de la semana

​Leiceaga descarta entrar na xestora do PSdeG se se remodela

A proposta impulsada por Abel Caballero inclúe o portavoz parlamentario, pero el que cre que non podería "atender a nada máis".


|

Leiceagapechecampaa


O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, recoñeceu que "sería bo" que el non formase parte da xestora do PSdeG no caso de que se producisen cambios nela, á vez que asumiu "parte responsabilidade" pero "non única" no resultado electoral do partido nas eleccións autonómicas do pasado mes de setembro.


Nunha entrevista á Cadea Ser recollida por Europa Press, Leiceaga saíu ao paso da proposta impulsada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, de substituír a actual xestora do PSdeG por outra liderada pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e na que estaría incluída o propio portavoz parlamentario.


"Teño un ámbito de funcións que me ocupa plenamente e creo que debo centrarme nesas responsabilidades e non atender a nada máis", manifestou Leiceaga, que cre que "en condicións normais" o portavoz na Cámara galega non forma parte da executiva do partido a pesar de que "acuda a ela".


Deste xeito, o candidato socialista nas pasadas eleccións evitou valorar a proposta de que Silva substitúa a Pilar Cancela á fronte da xestora do PSdeG. "A propia xestora federal dicía que non estaba sobre a mesa", concluíu.


Así mesmo, emprazou a celebrar o congreso dos socialistas galegos "canto antes" porque "o normal" nunha organización democrática é que "os órganos de dirección sexan elixidos polos militantes", aínda que lembrou que debe terse en conta "o que sucede no conxunto de España e aí hai outros ritmos, outras prioridades, outros calendarios".


"RESPONSABILIDADE" NOS RESULTADOS


Por outra banda, Leiceaga recoñeceu a súa "responsabilidade" nos resultados electorais do PSdeG nos comicios autonómicos celebrados o pasado 25 de setembro, os peores na historia do partido. "Teño responsabilidade na medida en que fun candidato; teño unha parte de responsabilidade, non única, pero si relevante", ha apostilado.


En canto á situación do grupo parlamentario socialista no Pazo do Hórreo, o portavoz defende a súa "cohesión" e emprazou aos seus membros para "ser capaces de modificar as políticas do PP" para conseguir que esta sexa a lexislatura da recuperación con contido social".


ACORDOS CO PP


Tras a súa intervención no debate de investidura na que Leiceaga tendeu a man aos populares para alcanzar puntos de encontro, o socialista cre que eses ámbitos poden ser "o financiamento autonómico" e "o desenvolvemento das eólicas e as renovables".


Por contra, asegurou que a xestión da sanidade e os servizos públicos "en xeral" é onde Leiceaga ve "máis lonxe" ao PP e cre que "os acordos serán máis difíciles".


Por último, chamou a centrarse "no contido das propostas" que se traten no Parlamento galego porque "os cidadáns esperan" que os grupos alí presentes dean "resposta aos seus problemas".


"Non por insultar ao adversario facémoslle máis oposición. Seguramente o fagamos cando lle colocamos propostas ás que é difícil dicirlles que non", manifestou.

relacionada ​Alcaldes do PSdeG en Pontevedra esixen "non deixar o partido en mans de perdedores"
relacionada ​Ferraz pensa facer cambios na xestora do PSdeG, pero non neste momento
relacionada Sancristán abre a porta á substitución de Pilar Cancela
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE