A Xunta acometerá en 2017 obras de restauración da Muralla de Lugo
Aínda que as gretas visibles non supoñen un risco estrutural, o departamento autonómico destaca que a corrección desta situación estímase prioritaria.
// @AlbertoFP_9
A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, acometerá o próximo 2017 a restauración dos cubos LXX e LXXI da Muralla romana de Lugo.
Estes cubos --ou torres-- foron obxecto de actuación no marco do plan Muralla Limpa durante os anos 1972 e 1973, e presentan unha serie de alteracións, segundo explica a Xunta, relacionados co colapso da estrutura de placas de formigón armado fronte ao peso do recheo colocado.
Estas alteracións supoñen filtracións de auga na base dos cubos e o asentamento dese recheo. Aínda que as gretas visibles non supoñen risco estrutural, o departamento autonómico destaca que a corrección desta situación estímase prioritaria.
As obras, segundo apunta, non responden a unha situación de perigo, senón a unha planificación continua e ordenada de salvagarda do monumento no que a Xunta investiu durante 2016 máis de 520.000 euros.
Escribe tu comentario