#Claves de la semana

A USC analiza o consumo enerxético dos seus edificios para reducilo un 30%

A universidade está a empregar a residencia Monte da Condesa como planta piloto de "xestión eficiente".


|

Calefaccion


A Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a levar a cabo un estudo para conseguir incrementar o aforro enerxético a través dun sistema de monitorización dos consumos dos edificios.


Esta semana, segundo informou a propia USC nun comunicado, reuníronse na capital galega un grupo de especialistas co obxectivo de "optimizar" os traballos na rede de sensores e no sistema de monitorización dos edificios do Campus Vida.


En concreto, o proxecto 'Life-Opere' está a empregar a residencia do Monte da Condesa como planta piloto, na que se están probando unha serie de sistemas de "xestión eficiente en redes enerxéticas, tanto térmicas como eléctricas".


A meta que persegue o proxecto é "reducir un 30 por cento os consumos enerxéticos asociados á xeración térmica e dun 35 por cento nas emisións de gases de efecto, así como obter un 35 por cento de aforro económico".


A iniciativa encadra na estratexia Europa 2020, que pretende diminuír "as emisións de gases invernadoiro nun 20 por cento, a mellora da eficiencia enerxética un 20 por cento e incrementar o uso de enerxías renovables un 20 por cento".

relacionada O CSIC e a USC implementan técnicas de fitocorrección en zonas mineiras galegas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE