#Claves de la semana

​Villanueva confía en que o caso Diana Quer poida resolverse "de forma positiva"

Malia todo o Delegado do Goberno en Galicia mostrouse "preocupado" polo tempo transcorrido. 


|

Dianaquerpadres 2


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, trasladou a súa confianza en que o caso de Diana Quer se resolva "de forma positiva", ao ser preguntado polo tempo transcorrido desde a súa desaparición, a finais de agosto na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal (A Coruña).


Sobre esta investigación, reiterou que segue "aberta" e que as actuacións se centran na análise do móbil da moza madrileña; das cámaras "e da documentación que ten a Garda Civil". A iso, sumou a "comprobación" de todas as declaracións efectuadas ata o momento.


Mentres, insistiu en que son "benvidos" todos aqueles datos que poidan achegar os cidadáns. Preguntado se está preocupado polo tempo que transcorreu desde a desaparición da moza, admitiu que lle preocupa. "Calquera caso que hai pendente de resolver, preocúpanos", subliñou.


Por outra banda, e en liña coas súas manifestacións dos últimos días, indicou que a Garda Civil segue "traballando" para esclarecer o caso. "Dunha forma moi profesional e moi intensa", dixo. Ademais, insistiu en que se destinarán "todos os medios necesarios como se fai noutros casos tamén".

relacionada Identifican o coche desde o que se lanzou o móbil de Diana Quer
relacionada Sen clave de acceso ao iPhone de Diana tres semanas despois da aparición do terminal
relacionada Diana Quer discutiu cun dos sospeitosos antes de desaparecer, segundo testemuñas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE