#Claves de la semana

Preséntase unha obra póstuma de Neira Vilas no primeiro cabodano do seu falecemento

Os nenos foron os encargados de presentar 'Quique na aldea', un conto do escritor de Vila de Cruces dedicado á infancia. 


|

Nenosneiravilasfeijoocabodano


Os nenos foron os encargados de presentar, xunto con autoridades, editores e a propia fundación do autor, o conto póstumo do escritor de Vila de Cruces, 'Quique na aldea'. Fixérono no primeiro cabodano de Neira Vilas, e o lugar escollido foi a súa casa de Gres. 


'Quique na aldea' é o título deste conto, cuxo protagonista é distinto ao coñecido Balbino de 'Memorias dun neno labrego', e que narra a historia dun neno que descobre a aldea nunhas vacacións cos seus avós.


"Hai xente que non tivo a sorte de nacer no rural, como Quique, e é moi bo que a xente da cidade veña coñecelo", apuntou o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que lembrou como Neira Vilas "nunca se esqueceu da súa aldea".


Antes de despedirse, Núñez Feijóo dirixiuse aos nenos para afirmar que a Neira Vilas "gustaríalle" que lesen e que "crecesen con coñecemento".

relacionada ¿Hacen tus hijos un buen uso de las redes sociales?
relacionada "O que máis demandan os nenos é pasar tempo cos seus pais"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE