Un bombeiro resulta ferido mentres sufocaba un incendio en Monforte

|

Incendiolugo


Un bombeiro foi trasladado a un centro hospitalario ao resultar ferido mentres participaba nos traballos de extinción dun incendio declarado nunha casa do municipio de Monforte de Lemos (Lugo).


Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o efectivo de extinción sufriu un corte nunha man, polo que foi evacuado nunha ambulancia por persoal sanitario.


O lume no que participaba o bombeiro ferido declarouse nunha casa da rúa da Estrela sobre as 19,30 horas do xoves. As chamas calcinaron por completo unha habitación e parte do corredor da vivenda, segundo indicaron as mesmas fontes.


Un particular alertou ao 112 Galicia e, segundo explicou aos xestores do Centro de Atención ás Emerxencias, un veciño seu estaba a lle pedir axuda porque lle ardía a casa.


Por iso, a central de emerxencias do 112 alertou da situación aos Bombeiros de Monforte e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.

relacionada Os Bombeiros Públicos de Galicia critican os protocolos de emerxencias
relacionada Liberdade con obrigación de comparecer para un detido de Arbo por 29 incendios forestais

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress