Liberdade con obrigación de comparecer para un detido de Arbo por 29 incendios forestais

|

Artefactoincendiario 1


O detido no municipio pontevedrés de Arbo como suposto autor de 29 incendios forestais, veciño desa localidade, quedou en liberdade coa obrigación de comparecer no xulgado cada quince días tras comparecer no Xulgado número 2 de Ponteareas.


Segundo informaron fontes xudiciais, o home está investigado por un presunto delito de incendio forestal e está acusado por unha trintena de lumes que se rexistraron no últimos catro anos na zona: 10 ocorreron en 2013, tres en 2014, seis en 2015 e outros 10 este ano.


Ademais de ter obrigación de comparecer no xulgado cada 15 días, impuxéronselle outras medidas solicitadas pola Fiscalía relacionadas coa posesión de obxectos que poderían utilizarse para provocar lumes forestais.


DETIDO EN 2004 E 2005


A.F.D., de 39 anos e veciño da localidade de Arbo, xa fora detido en 2004 como presunto autor doutros 46 incendios, e en 2005 polo incendio "intencionado" da vivenda dun familiar seu.


Algúns dos incendios forestais supuxeron "un serio perigo" pola súa proximidade aos núcleos urbanos. Así, entre os incendios deste 2016, atópanse dous que o pasado mes de agosto obrigaron a activar o nivel 2 de alerta pola proximidade das chamas ás vivendas.


A partir destes feitos, o equipo de investigación de incendios do Seprona de Tui, en coordinación cos efectivos do Posto da Garda Civil de Arbo, iniciou as pescudas que permitiron concluír que todos os incendios foran provocados e tiñan como punto de inicio as proximidades e pistas próximas ao domicilio do home.


EN LIBERDADE


Tras a súa detención este mércores, o home pasou na mañá deste xoves a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas, que decretou a súa posta en liberdade coa obrigación de comparecer no xulgado cada quince días.


Segundo informaron fontes xudiciais, o home está investigado por un suposto delito de incendio forestal e está acusado por unha trintena de lumes que se rexistraron no últimos catro anos na zona.


Ademais de ter obrigación de comparecer no xulgado cada 15 días, impuxéronselle outras medidas solicitadas pola Fiscalía relacionadas coa posesión de obxectos que poderían utilizarse para provocar lumes forestais.

relacionada ​El alcalde de Arbo: "No queda mucho más que se pueda quemar"
relacionada ​La Guardia Civil investiga a un vecino de O Porriño como autor de dos incendios forestales
relacionada ​A campaña contra incendios continúa con 436 traballadores menos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress