​As negociacións das cotas pesqueiras entran na recta final

|


Pescapesqueirosbarcos



A conselleira do Mar, Rosa Quintana, representará a Galicia este luns en Madrid na reunión do Consello Consultivo de Política pesqueira para Asuntos Comunitarios. En concreto, esta reunión é a antesala ao Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, no que se negociarán as posibilidades pesqueiras do ano que vén.

Nesta reunión, que estará presidida pola ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, abordarase a proposta de TACs e cotas de pesca para 2017 feita pola Comisión Europea.

O obxecto deste encontro é analizar o documento inicial entre as comunidades autónomas españolas xunto co Ministerio para poder negocialo a próxima semana no Consello de Ministros de Pesca, que se celebrará en Bruxelas.

relacionada Un estudo di que o 'Brexit' é unha "grande oportunidade" para aumentar as cotas pesqueiras galegas
relacionada Quintana ve "desilusionante" la propuesta de cuotas de pesca de Bruselas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress