#Claves de la semana

​A Deputación de Lugo convoca axudas para pilotos de rali da provincia

É o primeiro ente provincial español en apoiar con subvencións específicas os profesionais do automobilismo.


|

Rali

Imaxe do Rali San Froilán. //Foto: @iavius_fasto


Os pilotos de rali da provincia de Lugo poden solicitar desde hoxe as axudas dun total de 45.000 euros que acaba de convocar a Deputación provincial, a primeira en España que ofrece subvencións específicas para os profesionais do automobilismo. O prazo para facer a solicitude remata o xoves.


Os interesados poden atopar toda a información e o modelo de solicitude na web da Deputación de Lugo. O ente provincial informa de que as axudas terán unha contía mínima de 400 euros e unha contía máxima de 7.000. Poderanas recibir aqueles pilotos lugueses federados que participasen no 2015 nun mínimo de dúas probas organizadas polas federacións nacional ou galega de automobilismo.


Coas axudas, buscan cubrir gastos diversos, que van desde inscrición, de transporte e incluso a compra ou aluguer do vehículo de competición e a a adquisición dos pneumáticos do vehículo.


Os criterios para a concesión, tal e como informa a Deputación de Lugo, réxense por criterios obxectivos e sociais. Así, contarán o palmarés, o ránking oficial e a participación en probas federadas. Valorarán, ademáis, a concorrencia de pilotos con capacidades diferentes, mulleres e pilotos menores de 30 anos.

relacionada ​O Rali da Ulloa pecha a tempada galega sobre asfalto
relacionada ​La Federación Internacional de Automovilismo estudiará nuevas medidas de seguridad en los ralis
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE