#Claves de la semana

O Culturgal pecha a edición deste ano con máis de 15.000 visitantes

A feira da cultura galega celebrará a súa décima edición os días 1, 2 e 3 de decembro do próximo ano.


|

Culturgal16

Máis de 15.000 persoas pasaron este fin de semana polo Pazo da Cultura de Pontevedra, onde desde o venres se celebrou a novena edición do Culturgal, finalizado este domingo.


Segundo informou a organización a través dun comunicado, as cifras de visitantes son "moi similares" ás rexistradas en 2015 nun certame que "está cosolidado e establecido no calendario".


Así, o presidente de Culturgal, Manuel Bragado, celebrou a "utilidade social" dun evento no que "está testada a alianza entre industria, institucións e públicos e na que se mostran formatos e fórmulas colaborativas entre diferentes axentes".


Así mesmo, cre que o certame "xa supera a etapa de lanzamento e consolidación" logo de nove edicións nas que Culturgal se fixo "adulta", polo que Bragado chamou a afrontar "novos retos".


"Estamos convencidos da necesidade de abrir e proxectar Culturgal fóra, interactuar con outros ámbitos e debuxar novos horizontes. Desde Pontevedra, a cidade na que esta Feira creceu e se consolidou", remarcou Bragado.


Así mesmo, anunciou que Culturgal celebrará a súa décima edición os días 1, 2 e 3 de decembro do próximo ano.

relacionada Culturgal: A cita anual da cultura galega en Pontevedra
relacionada ​O BNG denuncia a "política deliberada de asfixia" da Xunta ao sector cultural
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE