#Claves de la semana

​O BNG denuncia a "política deliberada de asfixia" da Xunta ao sector cultural

A voceira do BNG, Ana Pontón, denunciou que o apoio da Xunta nos orzamentos ao sector cultural "reduciuse dunha forma notable, case o 50 por cento".


|

Anapontonparlamento


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu que a Xunta "acabe coa cegueira" de "recortar" en cultura e "aposte polo futuro de Galicia" neste sector desde o punto de vista económico, social e de creación de emprego.


Con motivo da súa visita ao Culturgal, que se celebra no recinto feiral de Pontevedra ata este domingo, Pontón denunciou que o apoio da Xunta nos orzamentos ao sector cultural "reduciuse dunha forma notable, case o 50 por cento".


Por iso, reclamou que "agora que din que non hai crise, deberíase acabar cos recortes en cultura".


Pontón eludiu avaliar os orzamentos da Xunta para 2017 antes da súa presentación porque sería "precipitado", pero avanzou que "non van ser expansivos" e argumentou que, "na práctica, seguen mantendo os recortes" en materia de educación, sanidade e política social".


A dirixente nacionalista criticou que o Executivo autonómico "non fai mínima autocrítica" e cualificou a política de gasto da Xunta como "vellas receitas que fracasaron".


"NON HAI ALTURA DE MIRAS"


No caso do sector cultural, Pontón lamentou que, mentres outros países apostaron por potenciar a cultura durante a crise, "aquí fíxose unha política deliberada de asfixia" á cultura.


Ao seu xuízo, esta actitude responde a que "non hai altura de miras" sobre o potencial de Galicia porque, pola contra, o "peso" do sector no PIB que xa é "moi importante" e aínda podería "ser maior". 

relacionada O orzamento da Xunta para 2017 crece un 2,9% e esgota o teito de gasto
relacionada Culturgal: A cita anual da cultura galega en Pontevedra
relacionada ​Os orzamentos da Xunta para turismo soben un 5%
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE