#Claves de la semana

Un viño galego, no 'Top 100' da revista 'Wine Spectator'

Por segundo ano consecutivo, o posto 75 da lista ocúpao o godello Viña Godeval Cepas Vellas, con 91 puntos


|

Valdeorrasgodeval

A adega valdeorresa Godeval conta, por segundo ano consecutivo, cunha das súas marcas na lista dos 100 mellores viños do mundo 2016 da revista americana 'Wine Spectator 2016'.


En concreto, segundo indica a adega galega, no posto 75 sitúase o Viña Godeval Cepas Vellas de 2014 con 91 puntos e convértese no único viño da Denominación de Orixe Valdeorras que se atopa nesta lista.


Deste xeito, é o segundo ano que este viño de godello figura nesta lista. O ano pasado a anada 2013 desta mesma marca figurou no posto 36 e tamén foi o único caldo branco galego, segundo destaca a adega galega.


Na lista dos mellores viños do mundo deste ano hai 11 viños españois con predominio dos caldos de Rioxa e Ribeira do Douro, e soamente o galego Viña Godeval Cepas Vellas 2014 no posto 75.


Na descrición do viño na revista destacan que "aromas de pera, pexego e marmelo mestúranse neste viño expresivo, mentres notas minerais, mandarina e xenxibre engádenlle complexidade".

relacionada ​Salvaterra brindou este domingo con viño espumoso
relacionada ​Rías Baixas, no oitavo lugar entre as 69 denominacións de orixe de viño de toda España
relacionada ​Máis de 300 caldos compiten en Ourense polo mellor tempranillo do mundo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE