#Claves de la semana

​Máis de 300 caldos compiten en Ourense polo mellor tempranillo do mundo

A cidade acollerá entre os días 8 e 10 de novembro a XI edición do concurso internacional 'Tempranillos do Mundo' e o Certame de Viños Brancos Galegos. 


|

Tempranilloourense

Ourense acollerá entre os días 8 e 10 de novembro a XI edición do concurso internacional 'Tempranillos do mundo', organizado pola Federación Española de Asociacións de Enólogos (FEAE) e a Asociación Galega de Enólogos, unha cita que este ano contará coa participación de caldos procedentes de España, Portugal, México, Chile e Arxentina.


O Palacio da Deputación de Ourense acolleu este luns a presentación deste concurso a cargo do presidente da FEAE, Santiago Jordi; o presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luís Buitrón; o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Casares e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández.


Ademais do concurso tradicional para escoller os mellores caldos da variedade "tempranillo", nesta edición o concurso terá un marcado acento galego grazas á convocatoria do Certame Internacional de Viños Brancos Galegos.


Ao longo de tres días recoñecidos especialistas e enólogos de todo o mundo daranse cita nas instalacións do Centro Cultural 'Marcos Valcárcel' para elixir os mellores caldos a competición entre 450 participantes.


Neste sentido, o presidente da FEAE, Santiago Jordi, confirmou que nesta edición concorrerán "450 mostras" das cales 325 son da variedade de tempranillo.


Tamén sinalou que os caldos a concurso "proceden de 103 adegas" que están situadas en 19 zonas de produción galegas, pero tamén chegarán participantes desde Portugal, México, Chile e Arxentina.


PRESENZA GALEGA


O presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luís Butrón, destacou que Galicia participa con "125 mostras de 89 adegas das cinco Denominacións de Orixe".


Butrón cualificou como "moi interesante" esta participación galega, aínda que se mostrou convencido de que o número podería ser maior pero "moitas adegas xa non tiñan viño para mandar".


Pola súa banda, Rosendo Fernández confirmou a aposta da Deputación de Ourense por este certame en base a que o sector vitivinícola "é estratéxico para a provincia, xa ignifica riqueza, emprego e asentamento poboacional no rural".


A PROGRAMACIÓN


Buitrón explicou que o certame comezará este martes 8 de outubro, a partir das 20,00 horas, coa presentación oficial do concurso. As catas realizaranse o mércores, entre as 08,30 e as 13,00 horas nas instalacións do 'Marcos Valcárcel'.


Pola tarde, os catadores visitarán a zona histórica de Ribadavia, capital da Denominación de Orixe do Ribeiro e a zona vella de Ourense. O xoves será a segunda e última xornada dedicada ás catas, entre as 08,30 e as 13,30 horas.


Os galardóns faranse públicos o vindeiro luns, 14 de novembro, na páxina web da Federación Española de Asociacións de Enólogos.

relacionada Cambados xa é 'Cidade Europea do Viño 2017'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE