Empresarios de Lugo queren que Fontenla opte de novo á presidencia da CEG

|

Empresariosceg


O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, asegurou este venres que se "está tentando convencer a Antonio Fontenla" para que presente a súa candidatura para presidir a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), pese a que Fontenla xa verbalizou a súa intención de non facelo.


Jaime López apelou a que "é un momento moi importante para a CEG, onde é fundamental contar coas primeiras espadas da organización empresarial".


"Estamos a tentar convencer a Antonio Fontenla que se presente dado que o resto de vicepresidentes descartaron a súa participación neste proceso (da elección do presidente da CEG convocada para o 27 de xaneiro)", esgrimiu.


De Fontenla destaca que "é unha persoa que lle ten moito agarimo á organización, estivo á fronte moito tempo". "E eu creo que esa responsabilidade vai poder", sostivo.


En canto á Confederación de Empresarios de Galicia, o directivo lucense subliña que "agora a situación está máis normalizada do que estivo meses atrás". "Agora conta coa unidade de todas as organizacións provinciais para poder levar o barco adiante", apostilou. "A situación cambiou substancialmente", concluíu.

relacionada ​A patronal dos empresarios galegos elixirá presidente o 27 de xaneiro
relacionada ​Diéter Moure: "El presidente de la CEG es un reo de los presidentes provinciales"
relacionada ​O que foi rival de Moure nas eleccións da CEG non descarta volver presentarse

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress