#Claves de la semana

A Garda Civil detén un veciño de Vilagarcía acusado de máis de trinta roubos

O arousán, que fora detido o pasado día 3 de decembro como presunto autor de trinta roubos, acaba de ser arrestado por outros dous en máquinas expendedoras e outro nunha cafetería


|

Maquinasvendingviolentadas

A Garda Civil vén de deter un veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) de 23 anos e iniciais F.B.T., por forzar varias máquinas expendedoras dunha tenda e tentar forzar a porta dunha cafetería de Vilanova de Arousa. Ademais, atribúeselle un terceiro roubo na tenda de máquinas, e xa fora detido a principios de mes como co-autor doutra trintena de roubos.


Tal e como informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron sobre as 4,00 horas deste domingo, cando recibiron un aviso de que unha persoa estaba a golpear as máquinas expendedoras dun establecemento de 'vending' localizado no centro da localidade.


Unha patrulla trasladouse ata o lugar, onde había dúas máquinas violentadas, e atopou a un home forzando a porta dunha cafetería contigua. O mozo tratou entón de fuxir nun ciclomotor pero foi interceptado, momento en que se lle interviñeron algúns dos artigos roubados e unha barra de ferro que supostamente utilizou para golpear as máquinas.


Por estes feitos, procedeuse á detención do home como presunto autor de dous delitos de roubo, un na tenda de 'vending' e o outro en grao de tentativa na cafetería. Ademais, atribúeselle un terceiro roubo que supostamente cometeu tres días antes na mesma tenda e co mesmo 'modus operandi'.


O mozo, que tamén foi detido o pasado 3 de decembro xunto a outro home, como presuntos autores de preto dunha trintena de roubos con forza na comarca, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Vilagarcía en funcións de garda, que decretou a súa posta en liberdade aínda que investigado por estes feitos.

relacionada ​Detido un mozo veciño do Carballiño por un roubo nunha nave téxtil
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE