​Un sector de En Marea non quere a Villares como líder do partido

|

Villarespechecampaa


En Marea afronta o plenario deste sábado dividida sobre o liderado da organización. E é que un sector quere impedir que o máximo referente orgánico (o cargo equivalente a un secretario xeral, noutros partidos) e o candidato sexan a mesma persoa. Defenden, ademais, que tampouco os cargos electos poidan formar parte da executiva.


Nesta posición atópase o líder da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro. O rexedor da Coruña manifestou a súa oposición a "un liderado clásico e unilateral para En Marea". Fíxoo a súa organización a través dun comentario nas redes sociais que contou co apoio de responsables políticos de Esquerda Unida e Podemos. Estas tres patas do partido instrumental, polo tanto, estarían en contra de Villares como líder do partido.



O sábado é a cita clave para resolver esta cuestión. Na asemblea poden participar todos os inscritos, debater e decidir sobre os dous asuntos que a coordinadora provisiona leva ao encontro: o documento político e o regulamento co que se decidirá a nova dirección. Este último texto contemplará a data para escoller a nova dirección a finais de xaneiro.

relacionada ​Noriega chama a Anova a "implicarse" no proceso aberto de En Marea
relacionada ​En Marea abre o censo para participar no proceso de renovación da súa dirección
relacionada Rueda suxire que PSdeG e En Marea decidan "primeiro" os seus líderes

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress