#Claves de la semana

A Casa do Cabido acolle unha exposición de cen retratos do pintor Carlos Maside

Os cadros realizados polo pintor coruñés retratan contemporáneos seus coma Castelao, Otero Pedrallo ou Valle Inclán, a quen pintou recén falecido. 


|

Carlosmasideretratos


Baixo o título “Rostros”, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus, rostros que o artista recolleu durante os anos 20 e 30 do pasado século.


A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na Praza das Praterías, onde vén de presentarse, e reúne máis de cen retratos, pertencentes na súa maioría ao legado familiar, realizados a lápis, pluma ou tinta sobre papel; xunto a dous gravados, un de Castelao e un autorretrato do propio autor. Expóñense ademais unha serie de fotografías do pintor, algunhas das cales se exhiben por primeira vez; libros e documentos que axudan a contextualizar a figura deste artista nunha etapa, a da preguerra en Galicia, inqueda e chea de cambios sociais, políticos e culturais.


A comisaria da exposición, Mercedes Rozas, explica que se trata dos retratos orixinais que Maside fixo para varios xornais da época cos que colaboraba como “Nueva España”, “El Pueblo Gallego” ou “Faro de Vigo”. Debuxaba a persoeiros destacados do momento da vida política, cultural, médicos, escritores, artistas… Polo seu significado circunstancial, destaca o retrato que lle fixo a Valle-Inclán, estando recén falecido en Santiago. Ademais, políticos como Castelao, Manuel Azaña, Ramón Cabanillas ou Ánxel Casal; médicos como Nóvoa Santos; ou escritores, poetas e pintores como Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Manuel Antonio e Manuel Colmeiro son retratados baixo a extraordinaria lupa do debuxo de Maside.


Carlosmasideretratos2


Tal como explica Mª Esther Rodríguez, “o retrato que Maside produce con rara facilidade e fecundidade caracterízase, coma o seu debuxo en xeral, pola simplicidade expresiva das liñas, logrando captar ao retratado no xesto ou na figura. Con frecuencia, deixa sen realizar certos rasgos por non consideralos esenciais, e no seu lugar esaxera os máis característicos”. Así, nalgúns retratos a atención céntrase nas mans, na figura ou no rostro; noutras o rostro pode estar desprovisto de ollos ou de boca, sen alterar o parecido físico ou moral do retratado. “O artista lograba sintetizar nunhas liñas a personalidade do retratado, deixando un testemuño gráfico fundamental para o estudo da nosa Historia” -salienta a catedrática-.


A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata mediados do vindeiro mes de marzo de 2017. Poderá visitarse no horario habitual do museo, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

relacionada El primer 'showroom' de segunda mano entre particulares llega a Santiago
relacionada O 'descoñecido' San Martiño Pinario abre as súas portas ao turismo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE