#Claves de la semana

​O Dépor ensaia a porta pechada o partido fronte ao Osasuna

Antes da semanas de parón do Nadal, o equipo coruñés intenta marchar de vacacións cos deberes feitos.


|

Riazorestadiolleno

Estadio de Riazor, cheo nun partido de Liga. //Fonte: RC Deportivo


Os últimos encontros deixaron boas sensacións dentro do cadro do Dépor, que segue confiando en remontar a situación. E qué mellor ca encarar as vacacións de Nadal con tres puntos máis na clasificación.


Con iso en mente, o Deportivo ensaiou esta mañá no Estadio de Riazor, nunha sesión a porta pechada, o partido do domingo 18 de decembro ante Osasuna, que se xogará ás 6 e media da tarde.


Así, Gaizka Garitano traballou cos seus xogadores a saída de balón, defensa en inferioridade, a posesión e o xogo por bandas e remate, tal e como informa o club a través da súa web. Un partido once para once puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.


Está fóra do grupo Laure. Os fabrilistas Óscar e Nacho Monsalve adestraron hoxe co primeiro equipo. O venres os futbolistas branquiazuis volven estar citados en Abegondo ás 10.30 horas.


COPA ÁFRICA


Un efectivo que pode botar en falta Garitano é Fayçal Fajr, que foi preconvocado pola Selección de Marrocos para disputar a Fase Final da Copa de África. O torneo xogarase en Gabón do 14 de xaneiro de 2017, día en que arranca a fase de grupos, até o 5 de febreiro, coa disputa da grande final.


Nos próximos días, a Federación Marroquina de Fútbol comunicará a listaxe definitiva. En caso de ser convocado, Fayçal debe incorporarse á concentración do equipo nacional o próximo 28 de decembro. Como mínimo, quedaría ata o 24 de xaneiro, o día que Marrocos xoga o último partido da fase de grupos.

relacionada ​Borges espera "transformar el buen momento futbolístico en resultados"
relacionada ​Ramos roba en el descuento un punto muy trabajado por el Dépor
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE