#Claves de la semana

Protección Civil alerta dun forte temporal en Galicia

Haberá ondas de cinco e seis metros de altura, polo que aconsellan afastarse da praia e outros lugares baixos que poidan verse afectados polas mareas e ondas. 


|

Temporalcostalugo


A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias alertou ás costas de Galicia por forte temporal nas próximas horas con mar combinada do oeste noroeste que pode producir ondas de 5 e 6 metros de altura. 


Deste xeito, Protección Civil aconsella aos cidadáns que ante os ventos costeiros se afasten da praia e doutros lugares baixos que poidan ser afectados polas elevadas mareas e ondas que adoita xerarse ante a intensidade de ventos fortes.


Ademais, recomenda evitar estacionar en zonas que poidan verse afectadas pola ondada xa que nestas situacións o mar adquire condicións extraordinarias e pode arrastrar a quen se atope nas proximidades. Tamén insiste en non poñer en risco a vida polas imaxes espectaculares do mar.


Doutra banda, fronte aos fortes ventos, Protección Civil aconsella asegurar portas, xanelas e todos aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de cornixas, árbores, muros ou edificacións en construción ou guindastres que poidan desprenderse, así como absterse de subir ás estadas sen medidas de protección.


Protección Civil lembra tamén aos condutores que extremen as precaucións, especialmente na saída de túneles, adiantamentos e cruzamento con vehículos pesados en estradas de dobre sentido e prestar atención ante a posible presenza de obstáculos na estrada.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE