#Claves de la semana

Máis de 500 figuras compoñen o belén monumental da Catedral de Santiago

San Martiño Pinario tamén acolle un belén monumental de similares dimensións pero diferente estilo. 


|

Belencatedral


Este venres ás 13,00 horas o bispo auxiliar de Santiago, Jesús Fernández, procedeu a bendicir os beléns de grandes dimensións instalados na Catedral e na igrexa de San Martiño Pinario.


Ao evento asistiron tamén o deán compostelán, Segundo Pérez, e a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro.


Belenmonumentalcatedraldesantiagonavacastro


Belencatedral2


Ambos os beléns son propiedade da Catedral de Santiago, grazas á colaboración de Turismo de Galicia. De grandes dimensións, ao redor de 50 metros cadrados e máis de 500 figuras, están situados na nave central dos dous templos, segundo informou a basílica.


O situado na Catedral defínese como de estilo popular, con numerosas escenas costumistas, mentres que o de San Martín é de estilo napolitano, con figuras vestidas e, algunhas delas, con movemento.


ESCENAS TRADICIONAIS, SITUACIÓNS DIARIAS E PAISAXES


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, subliñou o potencial de Galicia como destino multiexperiencial e cunha interesante oferta turística ao longo de todo o ano grazas a actividades como os beléns da Catedral de Santiago de Compostela, inaugurados hoxe pola directora e o Deán da Catedral, Segundo Pérez.


As persoas interesadas xa poden achegarse a contemplar estes dous nacementos, un deles de estilo popular instalado na propia Catedral e que se pode visitar en horario de 7 a 20.30 horas; e outro de estilo napolitano situado na Igrexa de San Martiño Pinario, aberto ao público de 11 a 13.30 e de 16 a 18.30 horas. A directora explicou que cada un destes beléns ten unha extensión de entre 50 e 60 metros cadrados e ao redor de 600 figuras, algunhas delas con movemento no caso do belén de estilo napolitano.


Xunto ás escenas máis tradicionais como o nacemento, a chegada dos Reis Magos ou a anunciación dos pastores, amósanse diversos acontecementos da vida cotiá que representan oficios tradicionais e diversas situacións diarias e paisaxes.


Nava Castro resaltou o traballo artesanal e gran detalle destes beléns, así como o seu gran tamaño e subliñou que atraerá a miles de turistas a Galicia dende todos os puntos do país durante esta festividade.


PASEO POLO NADAL DE GALICIA


Os beléns da Catedral de Santiago están incluídos no programa “Un paseo polo Nadal de Galicia”, posto en marcha por Turismo de Galicia para promover a oferta turística da Comunidade nesta época do ano.


A proposta recolle numerosas actividades especiais como os beléns, salpicados por toda a Comunidade; os mercados de Nadal das sete grandes cidades; actividades de artesanía como Artenadal, en Lugo, ou Ofeitoaman, en Vigo; e iniciativas de tipo cultural como o “Nadal no Gaiás” e outros eventos de música, teatro, xogos ou concursos.


Nava Castro explicou que o programa presentado propón un total de 17 actividades belenísticas entre os que cabe salientar o belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o belén electrónico de Begonte, en Lugo, xa que os dous están declarados Festa de Interese Turístico de Galicia.


OUTROS BELÉNS HISTÓRICOS 


Ademais, a Comunidade conta con recoñecidos beléns históricos como o belén xigante de Viveiro, feito a escala natural e salientable pola súa ambientación e realismo; o belén de Arturo Baltar en Ourense, formado por unhas cincocentas pezas entre as que se poden recoñecer personaxes populares da cidade das Burgas; o da Grande Obra de Atocha, na Coruña, inaugurado en 1923 e que presenta un mapa a escala de Xerusalén e conta cunha superficie de 120 m2 e 150 figuras artesanais; o belén do Edificio Liceo de Betanzos, que representa con narración gravada e movemento a historia, xeografía, etnia e actividades diversas; e o belén da Orde Terceira en Ferrol, con máis de 60 anos de historia e máis de 200 figuras con movemento.


Outros beléns que tamén se inclúen no programa como proposta para este Nadal son o da Catedral de Tui, o de San Vicente de Cespón en Boiro, o belén parroquial de San Marcos en Corcubión, o belén artesanal en movemento de Gondomar, o belén familiar de Conxo en Santiago de Compostela e o belén de Erville en Mos.


Así mesmo tamén se poden visitar os beléns participantes no XXI Concurso de beléns de Ourense, as actividades do concurso de belenismo da Asociación de Belenistas de Lugo e os participantes no 51º Concurso de beléns da Fundación Abanca, en Vigo.

relacionada ​La Catedral busca formas de atender "a todos los peregrinos, pero no a la misma hora"
relacionada O Museo do Prado énchese da 'gloria' do Mestre Mateo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE