​Piden a readmisión dos 16 traballadores da ORA de Lugo por Vendex

|

Oralugoparking


O secretario xeral da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia, Eladio Romeu, pediu a readmisión dos 16 traballadores da ORA na cidade de Lugo pola empresa Vendex, investigada no marco da 'operación Pokemon'.


Romeu certificou que se van a celebrar ata tres xuízos, nos que se denuncia "indefensión" por parte da empresa e concello de Lugo que suspendeu o servizo "fai máis de ano e medio" tras unha orde xudicial.


A representación laboral pide a readmisión dos 16 empregados tras expirar o Expediente de Regulación Temporal de Emprego fixado para un ano e que a empresa pretendía prorrogar.


"É un problema laboral pero tamén é un problema estrutural para a cidade, porque as queixas son continuas porque non hai rotacións nos aparcadoiros, sobre todo no centro", sostén Romeu.


Tamén denunciou que algúns destes traballadores se atopan nunha situación "moi precaria", perdendo "un ano polo expediente" e outro "de paro", esgotando a prestación.


Romeu lembra que o pleno de Lugo acordou a remunicipalización do servizo, sen que ata o momento se abordase a mesma, nin a subrogación a outra empresa no caso de que se fixese co servizo de aparcadoiros en superficie da cidade.

relacionada ​A Audiencia Nacional xulgará finalmente a peza de Vendex

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress