#Claves de la semana

Un bebé dun mes falece nun accidente de tráfico na estrada de Pantón

Ao mesmo tempo tiña lugar outro accidente na mesma estrada, á altura de Augas Santas, no que un home de 66 anos falecía logo de saír da vía o vehículo que conducía. 


|

Carreteracirculacion

Dúas persoas, un bebé dun mes e un home de 66 anos, faleceron na tarde deste venres en dous accidentes de circulación rexistrados na mesma estrada de Pantón (Lugo) separados por escasos minutos de diferenza.


Un bebé dun mes de idade faleceu no primeiro dos accidentes, que se produciu ao redor das 17,20 horas no punto quilométrico 538 da N-120.


No sinistro estiveron involucrados dous turismos e tamén resultou ferido de gravidade un adulto, que tivo que ser liberado polos servizos de emerxencia e, posteriormente, foi trasladado a un centro hospitalario.


O menor entrou en parada cardiorrespiratoria a causa do impacto. Profesionais de Urxencias Médicas trataron de reanimalo no mesmo lugar do accidente sen éxito.


Minutos despois deste accidente, na mesma estrada pero á altura de Augas Santas, un home de 66 anos faleceu despois de saírse da vía co vehículo que conducía.


O home quedou atrapado no interior do vehículo e tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencia.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE