#Claves de la semana

​Jorge Mira e Carlos Rodríguez Brandeiro, novos académicos na RAG

O acordo acordouse na reunión ordinaria celebrada este venres na sede da institución, onde foron votadas favorablemente as dúas propostas recibidas. 


|

JorgemiraecarlosbrandeiroRAG


O pleno da Real da Real Academia Galega (RAG) aprobou o nomeamento de dous novos académicos correspondentes: o científico Jorge Mira Pérez e Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires.


O acordo acordouse na reunión ordinaria celebrada este venres na sede da institución, onde foron votadas favorablemente as dúas propostas recibidas.


Carlos Brandeiro (San Román de Cedeira, 1970) é na actualidade unha das principais figuras de referencia das colectividades galegas en Arxentina e Uruguai, e mesmo noutros ámbitos de América Latina.


Co seu nomeamento como académico correspondente, a RAG fortalece a súa rede de embaixadores no exterior cun referente entre as novas xeracións.


Desde 2013 dirixe o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo, da Fundación Galicia-América, do que previamente fora secretario técnico-educativo desde 2005.


Neste centro, ao que se incorporou como docente de Lingua Galega en 2002, escolarízanse varios centenares de nenos seguindo uns plans de estudos con fortes raices en Galicia.


Varias promocións de fillos e netos de galegos emigrantes accederon ao coñecemento e á práctica do idioma e a cultura galegas da súa man tamén a través da docencia universitaria.


E é que entre 2001 e 2013, impartiu clases no Instituto de Estudos Galegos da Universidade de Belgrano (Buenos Aires) e en 2002 traballou como profesor da Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Buenos Aires.


É ademais coautor dun libro para a aprendizaxe do galego e dirixe desde 2006 a revista cultural Gavieiro, editada pola delegación arxentina da Fundación Galicia-América.


Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela. Máis aló das liñas de investigación que mantén en ámbitos exclusivos das ciencias experimentais, traballa na modelización matemática de sistemas sociais aplicada ás dinámicas lingüísticas, campo no que creou un modelo que reproduce a evolución histórica do número de falantes de galego e castelán en Galicia.


En relación con estes estudos, colabora desde 2014 co Seminario de Sociolingüística da RAG traballando nun proxecto de socioloxía da lingua, demografía e evolución.


É tamén un recoñecido divulgador científico. Autor dos libros 'A ciencia no punto de mira' (2010) e 'A que altura está ou ceo?' (2016), colabora desde finais dos anos noventa en varios medios de comunicación achegando a ciencia ao público xeral en lingua galega (RG, TVG, TVE-Galicia e La Voz de Galicia).


É o responsable do programa 'Conciencia' da USC, codirixe a colección de divulgación científica da editorial desta universidade, é responsable do primeiro nodo español da rede internacional 'Nerd Nite' e imparte numerosas conferencias e accións formativas.


Ademais, é membro do consello de redacción de Graal e integrante da sección de ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega.


O seu labor divulgativo mereceu, entre outros, o Premio Física en Acción da Real Sociedade Española de Física (2000), unha mención de honra do Premio Ciutat de lles arts i de lles ciencies de Valencia (2001), o Premio Nacional Ciencia en Acción do Ministerio de Educación e o EIROForum (2005), e o Premio José María Savirón (2001).

relacionada ​RAG e Fundación Barrié buscan a 'Palabra do Ano'
relacionada A Real Academia Galega elixe a Chus Pato académica de número
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE