​RAG e Fundación Barrié buscan a 'Palabra do Ano'

|

Apalabradoanoragfundacionbarrie


En 2014 saíu corrupción, e no 15 refuxiados. Cal será a palabra que defina o 2016? 


O 'Portal das Palabras' acaba de abrir o prazo de presentación de propostas para elixir a 'Palabra do Ano', segundo informa a Real Academia Galega (RAG).


Esta iniciativa, promovida pola institución académica e a Fundación Barrié, busca "a implicación da cidadanía para escoller o termo que mellor resuma os últimos doce meses".


Para iso, no transcurso das dúas primeiras semanas de decembro e ata as doce da noite do día 14, recolleranse suxestións das persoas que estean interesadas en participar.


As máis populares ou "con maior peso de significado" entrarán posteriormente nunha fase de votación na que se decidirá a 'Palabra do Ano'. 


O 'Portal das Palabras' é un proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión do galego. Ademais, este traballo conxunto permitiu tamén actualizacións do dicionario da Academia.

relacionada Culturgal: A cita anual da cultura galega en Pontevedra
relacionada ​A RAG celebra un simposio sobre a vida e a obra de Manuel María
relacionada O goberno galego maniféstase a prol da cooperación galego-portuguesa

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress