#Claves de la semana

​A RAG celebra un simposio sobre a vida e a obra de Manuel María

Celebrarase os días 22,23 e 24 na sede da Real Academia Galega na Coruña. 


|

Manuelmaria 3


A Real Academia Galega (RAG) celebra un encontro que abordará a vida e a obra de Manuel María a cargo dunha vintena de expertos en distintos aspectos do autor protagonista do Día das Letras Galegas este ano, segundo informa a institución galega.


O simposio continúa a conmemoración do ano dedicado ao poeta cun programa, aberto a todo o público, no que mesas de debate comparten cartel con recitais dos versos de Manuel María e que concluirá coa proxección dun documental sobre o homenaxeado, titulado 'Eu son fala e terra desta miña terra', da académica Margarita Ledo Andión.


Todas as actividades dse desenvolverán na sede da RAG. O simposio comezará este martes, día 22, coa presenza do membro desta institución e tamén amigo persoal do poeta Darío Xohán Cabana, que pronunciará a conferencia inaugural. Posteriormente, haberá unha mesa de debate sobre aspectos da obra poética de Manuel María.


O programa do día seguinte inclúe unha conferencia de Camilo Gómez Torres, sobre 'Manuel María: biografía e creación' e unha mesa debate, moderada polo académico Henrique Monteaguado, na que se falará sobre a obra narrativa e xornalística do escritor galego. Tamén se abordarán cuestións como a relación entre a poesía e a política na súa obra.

relacionada A Deputación da Coruña lanza un programa de difusión de figuras e efemérides galegas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE