#Claves de la semana

​Cae un 5,5% a firma de hipotecas en Galicia, pero crece o capital prestado

A tendencia contrasta co incremento deste tipo de préstamos en España, que encadea tres meses de ascensos.


|

Vivienda2


O número de hipotecas constituídas sobre vivendas inscritas nos rexistros da propiedade situouse en Galicia en 702 en outubro, o que representa un descenso do 5,5% en relación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).


En comparación con setembro, as hipotecas sobre vivendas baixaron un 13,7%. O capital prestado, con todo, ascendeu a case 72,1 millóns de euros, un 3,7% máis que en outubro de 2015 pero un 7,4% menos que no mes anterior.


As cancelacións, un total de 1.421 en Galicia, foron 47 hipotecas sobre leiras rústicas (39 en bancos e oito noutras entidades) e 1.374 de leiras urbanas (1.271 en bancos e 103 noutras entidades). Do total, canceláronse 860 hipotecas sobre vivendas, 29 sobre solares e 485 doutro tipo de leiras urbanas.


CONXUNTO ESTATAL


No conxunto estatal, o número de hipotecas constituídas sobre vivendas inscritas nos rexistros da propiedade situouse en 22.581 o pasado mes de outubro, cifra un 16,8% superior á do mesmo mes de 2015.


Con esta subida interanual en outubro, a firma de hipotecas encadea tres meses de ascensos consecutivos tras repuntar un 6,4% en agosto e un 10% en setembro.


O importe medio das hipotecas constituídas sobre vivendas alcanzou no décimo mes do ano os 110.035 euros, un 1,1% menos que en igual mes de 2015, mentres que o capital prestado subiu un 15,6% en taxa interanual, ata superar os 2.484 millóns de euros.


En taxa mensual (outubro sobre setembro), as hipotecas sobre vivendas retrocederon un 15,3%, o seu segundo maior descenso do últimos cinco anos, mentres que o capital prestado baixou un 17,7%, rexistrando tamén o seu segundo maior retroceso do últimos cinco anos tras o de 2015.


Nos dez primeiros meses do ano, a firma de hipotecas sobre vivendas acumula un repunte do 13%, con incrementos do 16,3% no capital prestado e do 2,9% no importe medio.


TIPO DE INTERESE VARIABLE NA MAIORÍA


O 71,4% das hipotecas constituídas o pasado mes de outubro utilizou un tipo de interese variable, fronte ao 28,6% de tipo fixo. O Euribor é o tipo de referencia máis utilizado na constitución de hipotecas a interese variable, figurando no 93,7% dos novos contratos.

relacionada Demanda colectiva para reclamar gastos abusivos de tramitación de hipotecas
relacionada ​Uns 77.000 clientes de ABanca están afectados polas cláusulas chan, segundo Acouga
relacionada ​Los bancos tendrán que devolver todo lo cobrado de más por las cláusulas suelo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE