España reclama a Noruega unha solución para as pensións dos mariñeiros galegos
Uns 12.000 xubilados que traballaron en buques noruegueses non reciben ningunha prestación do país europeo a pesar de pagar os seus impostos alí.

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Alfonso Dastis, reclamou ao seu homólogo de Noruega, Borge Brende, unha solución xusta para os mariñeiros galegos que traballaron en buques noruegueses.
Durante un xantar de traballo, o xefe da diplomacia española abordou co titular de Exteriores de Noruega a problemática que afecta a mariñeiros galegos que durante anos traballaron en buques noruegueses antes da entrada deste país no espazo económico europeo e que non recibiron ningunha prestación social a pesar de pagar os seus impostos neste país.
O ministro español reclamou ao seu homólogo noruegués "unha solución baseada en aplicar principios de xustiza social e de non discriminación" para este conflito, segundo informou o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.
A problemática afecta a uns 12.000 mariñeiros que traballaron en Noruega con anterioridade ao ano 1994, ano no que España e o país nórdico asinaron un convenio para regularizar a situación dos traballadores españois. Pero este acordo non se fixo con carácter retroactivo, polo que aqueles que desempeñaran traballos con anterioridade a ese ano quedaron sen percibir as prestacións.
Os mariñeiros que reclaman a pensión a Noruega piden o apoio do Parlamento
Escribe tu comentario