Investigan un posible delito de falsidade documental en placas de matrícula en Lugo

|

Ventacoches


O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (Grupo GIAT) do Subsector de Tráfico de Lugo culminou a investigación dun posible delito de falsidade documental nunhas placas de matrícula temporais de empresa.


A investigación iniciouse cando unha patrulla da Garda Civil detectou a principios de outubro deste ano, a un vehículo que circulaba con exceso de velocidade pola A-6. O coche, de alta gama, facía uso dunhas placas de matrícula temporais de empresa, que espertaron sospeitas nos Gardas Civís.


Por mor das pescudas realizadas púidose saber que as placas temporais de empresa (placas vermellas) atopábanse caducadas desde o ano 2008 e que se modificaron os caracteres da banda de caducidade, supostamente co fin de eludir a vixilancia dos axentes de tráfico.


O titular das matrículas resultou ser un establecemento de compravenda de vehículos que estivo situado en Lugo capital e o condutor do vehículo o seu administrador, un veciño de Lugo de 40 anos de idade.


A compravenda non ten actividade desde hai ano nin sede física coñecida, o que se cre que era aproveitado polo administrador e condutor para eludir o pago das denuncias, nas que a responsabilidade recae sobre o titular, así como rexeitar a obrigación de identificar o condutor, conseguindo non só eludir o pago de máis de 9.000 euros, senón tamén quedando sen efecto a detracción de puntos.


Finalmente, tras descubrirse que as placas de matrículas foron usadas en varios vehículos de alta gama (deportivos e competición rally), provenientes de Alemaña e Lituania, e ante a sospeita de que puidesen ser importados incumprindo o preceptuado na lei, deuse coñecemento á Axencia Estatal de Administración Tributaria, por se puidesen ser considerados infracción administrativa.

relacionada ​A DXT revisará o carné por puntos tras o aumento de falecidos en 2016

1 Comentarios

1

ELOY ERES EL AMO!!

escrito por Lituanian 23/dic/16    19:57

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress