#Claves de la semana

Repuntan por toda Galicia as festas ilegais de Nadal

Os empresarios de discotecas din que o aumento é de preto do 20% respecto do ano pasado e alertan de que se repetirá un caso coma o do Madrid Arena.


|

Discotecafiesta


Empresarios de discotecas calcularon que durante este Nadal, e especialmente na noite fin de ano, en toda Galicia haberá unhas 420 festas ilegais, o que representa "un repunte de entre un 15 e un 20 por cento" respecto de 2015, cifras que vincularon ao aumento do consumo.


O presidente da Federación de Asociacións Provinciais de Empresarios de Salas de Festas e Discotecas de Galicia (Fesdiga), Samuel Pousada, trasladou estes datos este venres, e indicou que do total de festas, 150 son tanto en Pontevedra como A Coruña, e 60 tanto en Ourense como en Lugo.


Das 420 festas, o 90% son en fin de ano, e o resto noutras datas; e o 90% realízanse en locais con licenza de apertura pero para outra actividade --para poder facer festas do Nadal necesitarían unha autorización extraordinaria municipal-- e o 10% en locais directamente sen licenza de apertura e non habilitadas --que non se poden autorizar e son máis difíciles de detectar--.


O empresario volveu a lembrar que a traxedia do Madrid Arena --na que morreron 5 mozas--, "axudou" a controlar estas celebracións, con todo o efecto "está a diluírse" e empeza a haber "un repunte". Neste marco, advertiu de que volverá haber unha traxedia coma esta, pois tras catro anos non se fixeron leis nin normativas para regulalo.


Así as cousas, lembrou que Fesdiga enviou unha carta de denuncia a todos os concellos galegos pedindo, como todos os anos, un plan preventivo para detectar estas festas. Ademais, pediu que lles remitan información: Autorizacións dadas, a que locais, se contan con informes favorables, se cumpren os requisitos, quen organiza... "Notamos certo abandono", censurou.


APOIO AO SECTOR


"É unha pena que se fomente este tipo de cousas cando o sector necesitaría un apoio das administracións, e no canto diso cédense espazos libremente a calquera persoa", criticou, apuntando que o sector notou "unha melloría, pero moi tímida" e teme que en calquera momento poida inverterse a tendencia.


A continuación, aludiu aos problemas que xurdiu aos empresarios de salas de festa polas subidas tanto do imposto de sociedade, como no alcol, no tabaco e nas bebidas azucradas. "É imposible manter os prezos", lamentou.

relacionada Santiago expedienta á adxudicataria da iluminación de Nadal por "execución defectuosa"
relacionada ​Un de cada tres españois aforra durante o ano para facer fronte aos gastos de Nadal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE