#Claves de la semana

Santiago expedienta á adxudicataria da iluminación de Nadal por "execución defectuosa"

A demora na instalación e as irregularidades detectadas tras a inspección das instalacións motivaron o dito expediente. 


|

Lucesnadalsantiago


O Concello de Santiago vén de abrirlle un expediente á empresa adxudicataria da iluminación de Nadal por "execución defectuosa" do contrato así como demora no seu cumprimento.


Segundo informou o goberno local, acordou na mañá deste mércores a apertura dun expediente á empresa Iluminacións Salnés S.L., adxudicataria da iluminación decorativa de Nadal.


A decisión ten que ver, segundo argumentou, coa "execución defectuosa do contrato", así como "coa demora no seu cumprimento". Respecto diso, lembra que o contrato foi asinado coa empresa o 1 de decembro e déuselle un prazo de dez días para ter finalizada a instalación da decoración de Nadal.


En canto aos defectos na execución do contrato, o goberno local recibiu o martes pola tarde un informe técnico, derivado da inspección nas instalacións, que alerta de irregularidades que supoñen incumprimentos do prego técnico da adxudicación e que "poden poñer en risco a seguridade das persoas".


Ante esta situación, o goberno encomendoulle este mércores á empresa Ferrovial S.L., responsable da iluminación pública municipal, a realización das "actuacións necesarias para auditar o estado das instalacións e solucionar as deficiencias de modo inmediato".


A concellería responsable previamente dera orde de desconectar os elementos decorativos que "non cumprían todos os requisitos" e que "non estarán operativos de novo ata que se garanta a seguridade", abundou o goberno local.

relacionada El primer 'showroom' de segunda mano entre particulares llega a Santiago
relacionada ​La Catedral busca formas de atender "a todos los peregrinos, pero no a la misma hora"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE