#Claves de la semana

​Identifican ao presunto autor dun incendio forestal consecuencia dunha queima neglixente

Os feitos ocorreron o pasado 9 de decembro en Santa Cristina de Cobres. O lume afectou a 4.600 metros cadrados


|

Portodosonincendioforestalbombeiros

A Policía Autonómica de Pontevedra investiga a un home como presunto autor dun incendio forestal orixinado o pasado 9 de decembro na localidade pontevedresa de Vilaboa, supostamente como consecuencia dun escape nunha queima realizada "de forma neglixente".


Segundo informou a Xunta, os feitos ocorreron o 9 de decembro no lugar de Areeiros, na parroquia de Santa Cristina de Cobres. O lume afectou a unha superficie de 4.600 metros cadrados e, para a súa extinción, foi necesaria a intervención de persoal do Servizo de Extinción de Incendios.


Por mor destes feitos, a Policía Autonómica e axentes ambientais da Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural iniciaron unha investigación, que permitiu pescudar que o incendio se debeu a un escape nunha queima. Por todo iso, instruíronse dilixencias, que foron remitidas ao xulgado de Cangas en funcións de garda.


Na actual campaña anti-incendios forestais, tal e como remarcou a Administración autonómica, a Policía Autonómica detivo ou abriu investigación a un total de 71 persoas por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.

relacionada Declara el investigado por el incendio que calcinó 800 hectáreas en el Xurés
relacionada ​Arcos Iris insta á Xustiza para explicar a posta en liberdade de presuntos incendiarios
relacionada Investigan ao presunto autor dun incendio forestal no Concello de Porto do Son
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE