#Claves de la semana

A Ronda da Muralla terá o límite de 30 "nos primeiros meses de 2017"

En canto se adapte a sinalización, os semáforos e os radares xa non se poderá circular a 50. "Imos moi acelerados no día a día", argumenta a alcaldesa de Lugo.


|

Roldadamurallalugo


A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, confirmou que a limitación de velocidade máxima a 30 quilómetros por hora na Ronda da Muralla farase "nos primeiros meses de 2017".


A rexedora confirmou así un anuncio que trasladaba ao longo deste mes e que busca un viario "pensado para as persoas". "Creo que é unha realidade, todos, empezando por min mesma, imos moi acelerados no día a día e esa limitación pódenos facer pensar que chegamos máis tarde e é todo o contrario, non imos gañar máis tempo por ir a 50 no canto de a 30", indicou.


Lara Méndez é consciente que a limitación se vai producir "nunha das principais arterias da cidade, que distribúe o tráfico por toda a cidade", aínda que defende a medida.


Así, precisou que "agora hai que facer provisión de material, hai que poñer a sinalización horizontal e vertical, tamén hai que facer a adaptación dos radares á nova limitación de velocidade e adaptar a sinalización semafórica". Unha vez concluído este traballo reducirase a velocidade na rolda a 30 quilómetros por hora, á vez que se dará servizo a un carril bici.

relacionada Lugo limitará a velocidade de circulación pola Rolda da Muralla a 30 km/h
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE