#Claves de la semana

Lugo limitará a velocidade de circulación pola Rolda da Muralla a 30 km/h

Será despois do nadal, co obxectivo de camiñar cara a un modelo de "cidade sustentable", aclarou a rexidora de Lugo, Lara Méndez. 


|

Roldadamurallalugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este xoves que o Concello limitará a 30 quilómetros por hora a velocidade de circulación na Rolda dá Muralla despois do Nadal, co obxectivo de "camiñar cara a un modelo de cidade sustentable".


Nunha rolda de prensa no tramo peonil da Rolda, a rexedora explicou que a prioridade será o peón, seguido do ciclista e o transporte público, e por último os vehículos.


Para iso, outorgarase prioridade aos ciclistas no carril dereito da Rolda, que en todo caso non será de uso exclusivo as bicicletas. "Se se aumenta o número de ciclistas progresivamente, camiñaremos cara ao modelo de cidades sustentables de Europa", afirmou.


Méndez enumerou tres beneficios con esta decisión: aumentar a seguridade, mellorar a calidade ambiental e conseguir un tráfico rodado máis pacífico a partir da recuperación de espazos públicos.


O gasto previsto para esta medida ascende a 6.800 euros, que se dedicarán a cambiar a sinalización vertical e horizontal, ademais de reprogramar o radar da Rolda.


Ante as posibles queixas pola retardación da velocidade, Méndez lembrou que "tamén se mirou con receo a peonalización do centro histórico e agora ninguén se imaxina tráfico na Rúa da Raíña".


Ademais, apelou a que outras cidades apostan pola humanización das súas principais vías, como é o caso de Madrid e a redución dos carrís para vehículos na Gran Vía ou Princesa.

relacionada ​A Xunta acometerá en 2017 obras de restauración da Muralla de Lugo
relacionada O Concello de Lugo sobe o imposto de circulación dos coches de alta gama
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE