#Claves de la semana

​O Bloque pide que o conselleiro de sanidade dea explicacións sobre a causa da Hepatite C

"Estase poñendo encima da mesa como os recortes en materia sanitaria poden acabar provocando mortes", afirma Ana Pontón, que pide "responsabilidades".


|

Sovaldihepatitisc


A líder do BNG, Ana Pontón, esixiu a comparecencia no Parlamento do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para que explique a posición da Xunta ante o auto da Audiencia Provincial da Coruña que acorda ampliar a un suposto delito de homicidio imprudente a investigación a dous altos cargos do Sergas pola subministración de tratamentos a enfermos de Hepatites C.


A tamén portavoz parlamentaria dos nacionalistas galegos na Cámara autonómica fixoesta petición nunha rolda de prensa ofrecida este luns, na que tamén esixiu a dimisión dos dous altos cargos investigados. En concreto, foron chamados a declarar o xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, entón director de Asistencia Sanitaria; e a subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado.


"Está a poñerse encima da mesa como os recortes en materia sanitaria poden ter ou tiveron efecto sobre a saúde das persoas e que mesmo poden acabar provocando mortes", asegurou a dirixente nacionalista, que subliñou que "ante unha cuestión como esta deberíanse asumir responsabilidades políticas".


Sobre esta cuestión, Ana Pontón considerou que "se se produce esta imputación é porque a Fiscalía ve que pode haber indicios dun delito". "Isto significaría un precedente moi importante no Estado español a respecto do que significaron os recortes no ámbito sanitario", manifestou.


Por iso, pediu que se asuman "responsabilidades políticas" e emprazou ao Executivo autonómico a "ser máis sensible" xa que, como lembrou, "detrás desta demanda están as persoas afectadas polos recortes en materia de sanidade".


"Creo que por respecto aos propios afectados, á sociedade e a este parlamento, o lóxico sería que o Goberno viñese comparecer", sinalou Ana Pontón, que asegurou que "legalmente é posible" e que "o único" que fai falta é "a vontade política".


REXEITAMENTO DOS POPULARES


Pola súa banda, preguntado respecto diso nunha rolda de prensa ofrecida este luns, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que esta cuestión "non está na orde do día" do pleno que arrinca este martes e subliñou que "alterar" o que foi "acordado na Xunta de Portavoces" sería "un mal precedente".


"É posible que exista marxe legal pero estableceriamos un principio moi negativo para o funcionamento desta Cámara e fundamentalmente para o traballo da oposición" polo feito de que "a maioría puidese alterar a orde do día que previamente foi establecida pola Xunta de Portavoces", manifestou.


Nesta liña, asegurou que "condicionar ao Parlamento, nesta ou outras cuestións, a unha actualidade que está condicionada pola existencia dun auto xudicial non me parece o máis oportuno", subliñou.


Así mesmo cuestionado sobre a súa postura ante o auto que amplía a homicidio a investigación, Pedro Puy remitiuse ás declaracións do conselleiro de Sanidade e lembrou que "a Xunta colabora coa Xustiza". "Todos esperamos que a Xustiza actúe coa independencia que estas cuestións requiren", apuntou.


Tras iso, lembrou que a Xunta de Galicia destina ao ano "máis de 1.000 millóns de euros" ao gasto farmacéutico dun orzamento total de "9.000 millóns". "Isto dá idea do esforzo que toda a sociedade está a facer para que a protección sanitaria e a aplicación farmacolóxica adecuada funcione ben", sinalou.


Ademais, destacou que "nos últimos anos" en Galicia foron aplicaron "máis de 4.700 tratamentos de Hepatites C", dos cales "1.137 foron anteriores á entrada en vigor en todo o territorio español do acordo sobre a aplicación destes fármacos".

relacionada ​A Audiencia pide investigar por homicidio a cargos do Sergas polos tratamentos da Hepatite C
relacionada ​Sólo reciben tratamiento la mitad de los diagnosticados con hepatitis C
relacionada O voceiro dos afectados pola hepatite C: "Para eles non existen as víctimas"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE