​Once falecidos nas estradas durante a ponte de Nadal

|

Accidentenoia


Un total de once persoas faleceron nas estradas españolas nos dez accidentes mortais rexistrados entre as 15.00 horas do pasado venres 23 de decembro e as 00.00 horas do luns día 26, segundo os datos provisionais da Dirección Xeral de Tráfico (DGT). En 2015 foron dez as persoas que faleceron na ponte de Nadal, cuxa duración foi de catro días.


O pasado venres producíronse tres accidentes mortais con tres persoas falecidas en Baleares, Almería e Badaxoz. O sábado, tres individuos morreron nos accidentes producidos en Baleares, Palma de Mallorca e Valencia. O domingo, faleceu unha persoa nun accidente que tivo lugar en Huesca, mentres que outra morreu nas Palmas de Gran Canaria.


Por último, segundo o balance ofrecido pola DGT a Europa Press, este luns rexistrouse un accidente mortal en Zaragoza cun morto, mentres que dous mozos faleceron por mor doutro accidente ocorrido en Ourense.


Tras o suceso, as localidades natais de ambos os --Laza e Verín-- decretaron un día de loito oficial.


Coa ponte de Nadal péchase a primeira fase do dispositivo especial de tráfico posto en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico. A segunda fase será a de fin de ano, do venres 30 ao luns 2 de xaneiro de 2017, ao ser festivo en Andalucía, Aragón, Asturias, Castela e León e Murcia. A terceira e última fase será a de Reis, do venres 5 ao domingo 8. A DXT estima para a fin de semana de fin de ano 3,8 millóns de movementos e para a ponte de Reis 3,6 millóns.

relacionada ​Fallecen dos jóvenes en un accidente de tráfico en Monterrei

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress