#Claves de la semana

Feijóo non comparecerá sobre os cargos imputados por negar fármacos da hepatite C

A oposición pediu que o presidente da Xunta explicase no pleno por que mantén no cargo a Félix Ruibal e Carolina González-Criado


|

CarolinacriadofelixruibalsergashepatitisC

Ruibal e González-Criado chegando aos Xulgados de Fontiñas o pasado mes de abril // EP


O Grupo popular vén de rexeitar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareza no pleno que se celebra no Parlamento galego, tal e como demandaron os grupos da oposición, para "explicar por que mantén no cargo" no Sergas a Félix Rubial e Carolina González-Criado, aos que a Audiencia Provincial da Coruña instou a investigar no procedemento aberto pola subministración dos tratamentos aos enfermos de Hepatites C por un suposto delito de homicidio en seis dos oito casos que inclúe a causa.


Ao comezo do pleno, a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón (BNG) reclamou alterar a orde do día da sesión co fin de que Feijóo dea explicacións, tras o cal Luís Villares (En Marea) realizou "esa mesma petición", á que tamén se sumou o Grupo socialista. 


De tal forma, o presidente da Cámara, Miguel Santalices, deu luz verde a unha votación do pleno para decidir se se accedía a esa alteración da orde do día, nunha petición rexeitada polos deputados populares, fronte aos votos a favor da oposición.


A sesión arrincou con Santalices enviando o "apoio" e "solidariedade" da Cámara ao deputado socialista Raúl Fernández, ausente da Cámara despois de que a súa filla falecese o luns en accidente de tráfico.

relacionada ​O Bloque pide que o conselleiro de sanidade dea explicacións sobre a causa da Hepatite C
relacionada ​A Audiencia pide investigar por homicidio a cargos do Sergas polos tratamentos da Hepatite C
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE