A Deputación da Coruña formará 90 socorristas para solucionar as carencias nas praias
O organismo provincial vai impartir este ano cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas.

Nos últimos anos os concellos galegos atopáronse con dificultades á hora de contratar no verán socorristas para as súas praias, en parte pola falta de aspirantes. Para intentar solucionar esta carencia, a Deputación da Coruña decidiu actuar pola vía da formación. Así, acaba de sacar a licitación, por un importe máximo de 129.000 euros, os servizos de impartición de cursos de formación en socorrismo acuático dirixidos a persoas desempregadas.
Segundo informa o organismo provincial, os cursos serán gratuítos e estarán abertos a todos aqueles habitantes dos concellos da provincia nas súas tres sedes: A Coruña, Santiago e Ferrol.
En cada zona, impartiranse dúas formacións, unha da especialidade en espazos acuáticos naturais e outra en instalacións acuáticas cuxos custos asume integramente a Deputación.
O número de asistentes será dun máximo de 15 persoas por edición polo que as prazas ofertas ascenden a 90 en toda a provincia, 45 deles poderán traballar nas praias. Os beneficiarios serán designados polo equipo técnico do proxecto entre as persoas que resulten admitidas nos procesos de selección realizados nos municipios.
La falta de socorristas en las playas será crónica a corto plazo
Escribe tu comentario