#Claves de la semana

​Inicia a campaña de pesca da lamprea no Ulla

Os períodos varían entre os distintos tramos. No último deles, a campaña manterase ata o 6 de maio.


|

Lamprea


O período hábil de pesca no río Ulla inicia este luns 2 de xaneiro e manterase ata o 6 de maio. Tamén dará comezo nas pesqueiras de Areas (Herbón), que, neste caso, pecharase o 25 de marzo.


No tramo entre As Vellas (Herbón) a Trapa (Herbón) será do 30 de xaneiro ao 22 de abril. Así mesmo, entre a Caseta e Furado (Carcacía) ata Lampreeiro, paraxe das Pesqueiras (Reis), do 6 de febreiro e ata o 6 de maio.


Pola súa banda, o período xeral no río Tea será entre o 23 de xaneiro e o 29 de abril. As lampreas péscanse desde pontóns de madeira estacados autorizados previamente nos que se sitúan unhas catro persoas, ao que acceden por un sorteo previo.


O sorteo para a adxudicación de postos de pesca terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o 13 de xaneiro de 2017, ás 11,00 horas. Os pontóns impares pescarán os luns, mércores e venres, mentres que os pares estarán os martes, xoves e sábado.

relacionada Axentes medioambientais interceptan un pescador nunha zona vedada do río Tea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE