#Claves de la semana

Galicia é a segunda comunidade que rexistra máis mortes por afogamento

2016 pechou con 69 afogados en Galicia | É onde se dá o maior aumento na cifra de falecidos (+28) por esta causa a respecto de 2015. 


|

Socorristascurso


En 2016 morreron afogadas na auga 437 persoas, 22 máis que en 2015, segundo o Informe Nacional de Afogamentos elaborado pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo.


O perfil da vítima é un home (80% dos casos), de nacionalidade española (70%), maior de 45 anos (61,2%), que perde a vida nunha praia (51,7%) que non ten vixilancia (86%) entre as 10.00 e as 18.00 horas (56,5%).


Neste sentido, no traballo móstrase que só catro meses rexistraron menos falecidos en 2016 que o ano anterior, aínda que con baixadas moi pronunciadas en xullo (30 menos) e en outubro (24 menos), xunto a agosto (-10) e setembro (-11).


Con todo, e a pesar do descenso no número de falecementos por afogamento en xullo, agosto e setembro, nos oito meses restantes produciuse un importante incremento de mortes, especialmente en maio (29 falecidos máis que en 2015), xaneiro (20), xuño (13), febreiro e abril (10), decembro (9), novembro (4) e marzo (2).


DATOS POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS


Por territorios, Canarias foi a comunidade autónoma onde máis afogamentos se deron, con 71 casos, seguida de Galicia (69), Andalucía (66), Comunidade Valenciana (47), Illas Baleares(37), Castela e León (31), Cataluña (30), País Vasco (18), Aragón (12) e Murcia (11).


Con menos de dez falecementos atópanse Asturias, onde houbo 9, Castela-A Mancha (8), Estremadura (7), Cantabria (6), Ceuta e Melilla (4 respectivamente), Comunidad de Madrid (3), A Rioxa (2) e Navarra (2).


Respecto do ano anterior, o número de mortes aumentou en nove territorios: Galicia (28 falecidos máis), Castela e León (22, País Vasco (10), Canarias (9), Comunidade Valenciana (8), Illas Baleares e Melilla (3 en cada caso) e Asturias (1).


Pola contra, Cataluña, con 27 falecidos menos, é a comunidade autónoma onde o descenso de falecementos foi máis acentuado, por diante de Ceuta e Región de Murcia, con 8 en cada territorio, Cantabria (7), Navarra (4), Comunidad de Madrid, (3), Andalucía e Castela-A Mancha, (2) e Estremadura (1). Non se rexistrou variación entre os 2016 e 2015 en Aragón e A Rioxa.

relacionada A maioría dos afogamentos prodúcense en praias sen vixilancia profesional
relacionada 65 persoas morreron por afogamento en Galicia no que vai de ano
relacionada ​"Cifras dramáticas" de ahogados
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE