#Claves de la semana

65 persoas morreron por afogamento en Galicia no que vai de ano

No conxunto de España producíronse 412 casos, e só en 59 había un servizo de vixilancia e salvamento. 


|

Natacionnadarpiscina


Un total de 65 persoas morreron en Galicia vítimas de afogamentos en espazos acuáticos no que vai de ano, o que supón o 15,8 por cento das 412 que morreron no conxunto do país, segundo os datos da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo.


O 81,5 por cento do total de falecementos producíronse en sete comunidades autónomas, que en todos os casos superan a trintena de mortes. Trátase de Canarias, con 68 falecidos, é a que máis mortes leva contabilizadas no que vai de ano, o 16,5 por cento; seguida de Galicia, con 65 falecidos e 15,8 por cento; Andalucía, con 63 falecidos; Comunidade Valenciana (44 e 10,7 por cento); Baleares (36 e 8,7 por cento); e Castela e León e Cataluña (30 e 7,3 por cento, cada unha).


O balance ata novembro supón só dúas vítimas menos que en todo 2015 e un 4 por cento máis que a cifra que se deu en novembro do pasado ano.


Durante o mes de novembro producíronse 24 mortes por afogamento, catro máis que en novembro de 2015. Novembro, cos seus 24 falecementos, sitúase así no terceiro mes con menos mortes no medio acuático, por detrás de febreiro, en que houbo 21, e marzo, en que se deron 22.


Ao longo do que vai de 2016, máis da metade dos afogamentos producíronse en praias, 221 do total, o 54 por cento; 76, o 18 por cento, en ríos; 29, o 7 por cento, en piscinas; e 86, o que supón o 21 por cento, noutros espazos acuáticos.


Só no 14 por cento dos 412 casos, é dicir, en 59, había un servizo de vixilancia e salvamento.

relacionada ​Continúan os sustos nas praias
relacionada ​La falta de socorristas en las playas será crónica a corto plazo
relacionada As praias coruñesas rexistran este verán 425 incidencias
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE