​Continúan os sustos nas praias

|

Playamajorsanxenxo

Praia de Major, Sanxenxo. //Foto: turismo.gal


Dúas persoas foron rescatadas en praias galegas a última hora da tarde deste martes. No areal de Penedos, en Redondela, unha muller en apuros foi sacada da auga por uns particulares, mentres en Major, en Sanxenxo, outra persoa rescatou a un bañista.


Segundo informa o 112, un dos particulares que rescatou a muller en Redondela contactou co centro de atención ás emerxencias ás 19,45 horas para solicitar asistencia sanitaria.


O 112 estableceu comunicación con Urxencias Médicas e efectivos sanitarios enviaron unha ambulancia ao momento. A muller acabou sendo evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.


En Sanxenxo, outra persoa foi rescatada en Major, despois de que un particular informase ao 112 sobre as 19,00 horas da presenza dunha persoa na auga, nunha zona perigosa.


O centro de atención ás emerxencias alertou a Salvamento Marítimo e ao servizo de gardacostas. Os feitos, ademais, foron postos en coñecemento do GES de Sanxenxo e da Garda Civil. Finalmente, un particular rescatou o bañista, en bo estado de saúde.

relacionada ​La falta de socorristas en las playas será crónica a corto plazo
relacionada ​Os socorristas salvan a dúas persoas na Lanzada e Riazor
relacionada ​AGE propón obrigar a que todas as praias teñan socorristas no verán

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress