CLUN ponse en marcha co reto de "mellorar a comercialización" e crecer coas súas marcas

|

Joseangelblancoclun

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), que agrupa a Feiraco, Irmandiños, e Melisanto, iniciou formalmente a súa andaina, que estará marcada polo reto de conseguir "mellorar a comercialización" dos produtos lácteos, e co obxectivo de "crecer" coas marcas que xa ten.


Así o manifestou o presidente de CLUN, José Ángel Blanco, nunha entrevista na Radio Galega. Segundo apuntou, os gandeiros galegos de leite son "moi competitivos" porque levan anos "preparándose" para mellorar a súa produción, pero a materia pendente agora é "dar un paso máis na comercialización".


Segundo Blanco, este reto formará parte da estratexia de futuro do grupo de cooperativas, xa que non é algo que se poida conseguir "nun ou dous anos". Así mesmo, sinalou que o obxectivo inmediato de CLUN é "crecer" coas marcas que xa ten: Feiraco, Arquega, Clesa e Unicla.


Con todo, precisou que están "abertos" a afrontar outros investimentos "que sexan rendibles" ou estudar a posibilidade de "deseñar novas marcas". Do mesmo xeito, aínda que este proxecto púxose en marcha co concurso de tres cooperativas, xa se deu a coñecer a outros produtores en Asturias e Cantabria.


O presidente de CLUN explicou que houbo "boa aceptación e interese" por parte desoutras cooperativas. "Este acordo non foi coa intención de excluír a ninguén", apuntou, aínda que recoñeceu que unha decisión como a integración nunha agrupación de cooperativas é algo que "leva o seu tempo" e debe "convencer" aos socios.


SECTOR "DA MAN"


Por outra banda, José Ángel Blanco sinalou que a industria (distribución) acolleu "ben" o nacemento de CLUN, aínda que "sempre hai inquietude cando se producen cambios".


Blanco apostou por superar a "desconfianza" entre produtores e industria, para que o sector vaia "da man" e se evite" a confrontación". "A industria necesita un sector organizado e cando non haxa gandeiros, a industria tampouco vai existir. Temos que traballar en conxunto", aseverou.


Finalmente, o presidente de Cooperativas Lácteas Unidas mostrouse optimista con respecto ao futuro do sector, aínda que admitiu que a suposta mellora dos prezos "chegou moi pouco" aos produtores, e que volverán as protestas.

relacionada O soño do gran grupo lácteo galego xa é realidade
relacionada Recuperar o consumo de leite, propósito para 2017
relacionada ​Unións Agrarias destaca un "pequeno" repunte no prezo do leite en Galicia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress