O control de acceso á Praia das Catedrais custará 150.000 euros por dous anos

|

Praiacatedrais


A Consellería de Medio Ambiente publica este xoves no Diario Oficial de Galicia a licitación do contrato para o servizo de ordenación do uso público e divulgación dos valores naturais do Monumento Natural da Praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo), por un importe de máis de 150.000 euros.


Este contrato, cofinanciado pola Unión Europea, pretende mellorar o uso público do monumento durante os períodos de limitación de acceso á praia, co que se inclúe o control e vixilancia das autorizacións, así como as actuacións divulgativas e de atención aos visitantes.


O contrato cubrirá a ordenación do uso público do areal durante os períodos de verán deste ano e de 2018, así como da Semana Santa de 2018 e de 2019.


O grupo de traballo que se formalice deberá, ademais de levar o control dos visitantes que entren á zona, ofrecer información aos visitantes sen a correspondente autorización sobre onde conseguila.


Tamén informarán os turistas sobre a normativa de uso público do monumento, así como da prohibición de ir por fóra dos camiños e carreiros, recolección de especies de fauna e flora, realizar escalada ou tirar lixo.


Finalmente, este grupo será o responsable de xestionar e controlar as zonas de aparcadoiro, facer seguimento do comportamento dos visitantes e realizar visitas guiadas.


PLAN DE CONTROL DE ACCESO


A Xunta adoptou a decisión de controlar o acceso ao monumento natural das Catedrais para aqueles períodos nos que se rexistra unha maior afluencia, o verán e o período vacacional de Semana Santa, para cando se fixa o límite de acceso en 4.812 persoas.


Os datos do último período indican que un total de 247.770 persoas accederon ao monumento entre xullo e setembro, un 25% máis que o ano anterior. Por meses, 81.903 foron en xullo, 116.885 en agosto e 48.982 en setembro. En total, completouse o aforamento 29 días, tres en xullo e o resto en agosto.

relacionada ​As Catedrais, o monumento natural galego máis visitado
relacionada ​Ata setembro, quedan limitadas as visitas á praia das Catedrais
relacionada As Catedrais (Lugo) como nunca a viches

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress