​A muller colombiana acusada de terrorismo chegou a Galicia escapando do seu extorsionador

|

Nibiaauroramujerourensecolombiaterrorismo

Nibia Aurora Cano Carrillo, veciña do barrio do Couto e de orixe colombiana, pasou un total de 45 días en prisión provisional acusada de colaborar cunha facción do Exército de Liberación Nacional e de participar en atentados no seu país nos que faleceran 8 persoas.


Tan só 9 días despois de arrestala, a Fiscalía de Colombia decretou a cancelación da orde de captura e pediu a súa liberdade inmediata, pese ao cal o mandato non se fixo efectivo ata o día 4 de xaneiro, cando a muller xa pasara un mes e medio no cárcere, segundo información de Faro de Vigo.


O seu cativerio durou 45 días, nos cales pasou polas cárceres de Pereiro (Ourense), León, Ávila e Estremera (Madrid). Durante a noite que pasou no calabozo da comisaría e nos seus posteriores traslados e movementos, acusárona de delitos terroristas e "non lle permitiron nin dicir que era inocente", tivérona "illada" e "denegáronlle" todas as súas peticións, segundo unha entrevista do diario La Región con Nibia.


Segundo o mesmo diario, a muller emigrou a España fai 14 anos por un lado, para pagar un crédito de 10 millóns de pesos colombianos, que solicitou para sacar a flote á súa familia, e polo outro, fuxindo precisamente do extorsionador que agora a acusa de terrorista. Viviu en Ponferrada uns meses e logo no Couto, onde traballaba para tentar saldar as contas que a trouxeron a esta parte do mundo. 

relacionada A muller colombiana detida en Ourense por terrorismo puido sufriu unha "extorsión"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress