#Claves de la semana

Cinco anos sen Isaac Díaz Pardo

A Real Academia Galega (RAG) renderá homenaxe ao pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario este domingo pola mañá. 


|

Isaacdiazpardo


Este domingo 8 de xaneiro cúmprense cinco anos da morte do polifacético intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, quen faleceu aos 91 anos de idade.


Segundo indicou a Real Academia Galega (RAG) nun comunicado, o pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario recibiu a homenaxe este domingo pola mañá, concretamente ás 12,30 horas, no cemiterio compostelán de Boisaca.


A homenaxe contou con tres partes. Na primeira, personalidades como Guillermo Escrigas e Xulia Santiso, entre outros, dedicaron unhas palabras. A continuaciónrealizouse un recital de poesía no que participou, entre outros, o escritor Manuel Rivas. Así mesmo, 'Mini e Mero' interpretaron unha canción.


A terceira parte consistiu nunha ofrenda floral a Isaac Díaz Pardo, ademais de soltarse pombas a continuación. De igual modo, o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, pronunciou unhas palabras a modo de clausura.

relacionada ​O BNG rende homenaxe a Castelao no seu 67 cabodano
relacionada Tradicional ofrenda floral a Valle-Inclán no 81 aniversario do seu falecemento
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE