​O destino Galicia promocionarase este ano en 46 feiras turísticas de todo o mundo

|

Galiciaturismolondres


O destino turístico Galicia será promovido este ano en 46 feiras sectoriais e encontros profesionais, cinco máis que o ano pasado. Así, Turismo de Galicia levará a oferta, os servizos e os produtos turísticos galegos a 33 certames internacionais e 13 nacionais.


Este feito, segundo precisou a Xunta nun comunicado, permitirá a promoción global da Comunidade galega nos distintos mercados mundiais.


Ao longo deste ano, Turismo de Galicia participará nos principais certames turísticos do mundo, entre os que destacan a Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), en xaneiro; a International Turismus Börse (ITB) de Berlín, en marzo; e a World Travel Market (WTM) de Londres, en novembro.

relacionada ​Turismo de Galicia convocará 14 becas de formación práctica
relacionada ​Galicia estivo presente en máis de 40 feiras turísticas de todo o mundo
relacionada As melloras no Camiño de Santiago centran a subida do orzamento de Turismo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress