#Claves de la semana

​O Goberno coruñés leva a pleno a modificación da ordenanza do servizo da ORA

Se a ordenanza sae adiante, as multas por estacionamento irregular poderán ser anuladas nun prazo de ata 60 ou 120 minutos. 


|

ORAestacionamientomultasparquimetrocoches


O Goberno local da Coruña (Marea Atlántica) levará ao pleno deste luns o texto da nova ordenanza de regulación do servizo da ORA, que inclúe a posibilidade de anular as denuncias por estacionamento irregular nas zonas establecidas.


Así o comunicou este venres a través dunha nota de prensa o Consistorio coruñés, que indicou que a nova normativa contempla a posibilidade de "retirar os avisos de denuncia por estacionamento sen autorización ou por exceso do tempo permitido, a través do pago dunha tarifa que oscila entre os 1,5 e os 6 euros".


Deste xeito, se a ordenanza sae adiante, a multa poderá ser anulada nun prazo "de ata 60 minutos" despois do aviso de denuncia no caso de "a ausencia de título habilitante" ou de "120 minutos", se se excede de tempo de estacionamento posuíndo un título.


O texto, que deberá ser sometido a votación o este luns 9 de xaneiro, tamén inclúe outras novidades como "a posibilidade de obter as autorizacións de estacionamento nas zonas de uso xeral" a través de dispositivos móbiles ou a instauración da 'zona laranxa', 52 prazas de aparcadoiro cun tempo máximo de estacionamento de 20 minutos.


CHABOLISMO E A SOLANA


O Grupo Municipal Socialista no Concello da Coruña presentará ademais, no pleno deste luns, tres mocións nas que demanda, entre outras cuestións, un plan de erradicación do chabolismo e o uso público dos terreos da Solana, segundo informa.


Sobre esta última cuestión, os socialistas instan o "diálogo" e á "cooperación" á Autoridade Portuaria e ao Concello da Coruña "para buscar o mellor destino" para estes terreos. Con todo, descarta a súa poxa como acordou o consello de administración do organismo portuario.


Noutra moción, denuncia "a falta de resultados" por parte da Marea Atlántica na erradicación do chabolismo. En concreto, denuncia que, desde que esta formación asumiu o goberno, "non se produciu ningún reacollo". Por iso, demanda "que se active de verdade un proxecto que dea continuidade á tarefa realizada por anteriores gobernos socialistas", apostila.


Na terceira moción, que se debaterá no pleno fixado para este luns, ás 17,00 horas, insta ao Goberno central "a que permita que o superávit do concello se reinvista en 2017 e non se teña que destinar a outros fins, como redución da débeda", sinala.


Mentres, as medidas para "asegurar" o tecido asociativo e comercial da cidade; o proceso de alleamento do Hotel Finisterre e A Solana ou a posta en servizo do centro de saúde serán outras das cuestións que os socialistas leven a pleno mediante preguntas orais.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE