#Claves de la semana

​Unións Agrarias cifra en 1.074 as reses atacadas por lobos na provincia de Lugo en 2016

As explotacións da provincia perderon no último ano 120 cabalos, 315 ovellas, 42 cabras e 201 vacas, ao cal cómpre sumar os ataques a cans


|

Lobos

Unións Agrarias indicou que os lobos causaron na provincia de Lugo en 2016 a perda de 1.074 reses en 396 ataques documentados, segundo os datos rexistrados pola Consellería do Medio Rural.


En concreto, o sindicato indicou que as explotacións da provincia perderon no último ano 120 cabalos, 315 ovellas, 42 cabras e 201 vacas. A isto súmase o crecente ataque a cans por parte dos lobos, apuntaron.


O responsable de desenvolvemento rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, identificou como causa principal do incremento dos ataques a imposibilidade de deixar restos animais nos montes que sirvan de alimento aos lobos.


"Co problema das vacas tolas impídese deixar restos de animais nos montes. Antes había unha cantidade suficiente para que o lobo puidese comer, agora non se pode", advertiu.


Ademais, lamentou o "mal funcionamento" do sistema de axudas ás explotacións afectadas polos ataques. De feito, Feijoo advertiu de que os gandeiros deben esperar un prazo de entre dous e tres anos para resarcir as súas perdas.


Desde o sindicato tamén apelan á necesidade de controlar a cabana de lobos, en tanto que Lugo acumula un terzo das mandas de Galicia, a mesma cantidade que no conxunto de Asturias.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE